Aquí mostranse as parroquias pertencentes ao Concello de Cervo que son as seguintes:
- Rúa (Sta. María de Rúa)
- San Román de Vilaestrofe (San Román)
- Cervo (Sta. María)
- Castelo (San Xiao)
- Lieiro (Sta. María)
- Sargadelos (Santiago)
Según o que se indica no programa da Xunta, Nomenclátor, o Concello de Cervo conta con 6 parroquias e cada parroquias ten a súa celebración relixiosa en honor aos santos que aparecen no cartel que anuncia o comezo de cada unha delas. O Concello de Cervo conta con 90 lugares divididos nas súas seis parroquias.
No mapa mostranse os lugares, edificios e monumentos máis importantes de cada parroquia.
As parroquias aparecen en cor verde e os monumentos máis celebres en morado.
Por outro lado aparecen os lugares dentro da miña parroquia que é a parroquia de Rúa e aparecen en cor amarelo, son as seguintes:
- A Ruela
- O Freixo
- A Granda
- O Estanque
- Rego do Outeiro
- A Lama
- O Abrigo
- O Pazo
- O Pereiro
- A Árbol
Esta imaxe é unha captura de pantalla do programa da xunta chamado SIXPAC. Nela seleccionei os concellos en cor vermello e en cor amarelo as parroquias do Concello de Cervo.
Podese observar que os concellos aparecen nun formato e tamaño de letra diferente do tamaño e do tipo de letra das parroquias, ademáis as parroquias teñen ao seu carón un triángulo vermello que indica o que son.
Aquí podemos ver unhas rutas que nos levan desde a nosa parroquia ata a escola que é o CEIP DE CERVO Nº1 e atópase en San Cibrao, na parroquia de Lieiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario